Actualidad

XV TORNEO DEZ PORTAS CONCELLO DE LUGO - II MEMORIAL BONI

XV TORNEO DEZ PORTAS CONCELLO DE LUGO - II MEMORIAL BONI

O XV Torneo DEZ PORTAS Concello de Lugo – II Memorial Boni de Tenis de Mesa, terá lugar nas instalacións da “Pista de Tenis cuberta de Frigsa” que se encontra na Rúa Monte Faro, 57, 27297 Lugo, (ao carón do pavillón de Tenis de Mesa) o día 5 de setembro de 2026.

O torneo comezará ás 09:30 de mañá e rematará cando se acaben todas as probas.

Proba Infantil Mixta– Nados a partir o ano 2011 incluído.
Proba Absoluta – Todas as idades

En ámbalas dúas probas, despois da fase de grupos, dividiranse os clasificados en Open A e Open B.

Tempada 2025/26 | 1ª División Nacional Masculina

Tempada 2025/26 | 1ª División Nacional Masculina

Hai tempadas que se xogan… e hai tempadas que se senten no máis fondo. Esta foi unha delas.

A falta dunha xornada para o final da liga, o CD Dez Portas Lugo TM escribe unha páxina inesquecible na súa historia: por primeira vez, conseguimos a permanencia na 1ª División Nacional Masculina.

Un logro que sabe a loita, a sacrificio e a corazón. Porque non foi doado. Foron meses duros, momentos complicados, partidos nos que houbo que sacar forzas de onde non as había… pero este equipo nunca deixou de crer. Nunca baixou os brazos.

Xornada de iniciación ao Tenis de Mesa para a comunidade universitaria do Campus de Lugo

Xornada de iniciación ao Tenis de Mesa para a comunidade universitaria do Campus de Lugo

O vindeiro 10 de febreiro estaremos na Casa da Xuventude, desde ás 18:30, para recibir a tod@s os universitari@s de Lugo que desexen achegarse e presentarlles a nosa escola de Tenis de Mesa, falarlles de aspectos técnicos e tácticos  e como non, xogar a Tenis de Mesa!

Podédesvos apuntar desde hoxe facendo clic aquí ou escaneando o QR!

 

Fin de semana brillante nas ligas nacionais e dominio absoluto en 2ª Galega

Fin de semana brillante nas ligas nacionais e dominio absoluto en 2ª Galega

O CD Dez Portas TM Lugo completou unha nova xornada de intensa actividade, con resultados moi destacados nas competicións nacionais e autonómicas. As actuacións máis sobresaíntes chegaron en 1ª División Nacional e na 2ª División Galega, onde o conxunto lucense sumou vitorias de gran autoridade.

1ª DIVISIÓN NACIONAL – Xornada 9

CD Dezportas Restaurante Carlos 4–3 Boadilla Tenis Mesa Teresa Berganza

Páginas