Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
Organigrama
Junta Directiva
Presidente: Jacobo Díaz Paz
Vicepresidente: Adolfo Delmo Suanzes
Tesorera: María Jesús Saavedra Cortón
Secretario: Adrián Expósito Mateo
Área Deportiva
UXÍO PAMPÍN EIRAS

CD Dez Portas TM Lugo – 2026-2027. Categorías inferiores, canteira e formación. Adestrador axudante no grupo de veteráns.
- Adestrador axudante grupo “Baby Ping” de iniciación no clube Oroso TM – Tempadas 2021-2022 e 2022-2023.
- Desarrollador do Proxecto de aprendizaxe e servizos no clube de baloncesto en cadeira de rodas ADC Diversia Xuncas, para persoas con discapacidade física e/ou cognitiva.
- Na actualidade cursa 3º curso no Grao de Mestre de Educación Primaria na USC, coa mención cualificadora en Educación Física.
A pesar da súa xuventude, Uxío acumula anos preto do deporte, como xogador e formador. A súa etapa no Oroso TM, formouno como adestrador específico de Tenis de Mesa, e os seus estudos universitarios actuais fano coñecedor de diferentes metodoloxías, técnicas e instrumentos para favorecer o desarrollo integral dos máis pequenos.
Xuventude, formación e moito futuro no Tenis de Mesa, convírteno no candidato ideal para encargarse dos nosos pequenos campións.
RAMÓN BECERRA MELO

CD Dez Portas TM Lugo – 2026-2027. Adultos e veteráns. Adestrador axudante no grupo de Pequenos Campións e Competición.
- Título de adestrador de Tenis de Mesa de primeiro nivel E.1, pola Real Federación Española de Tenis de Mesa.
- Club Fluvial TM (Lugo). Tempadas desde 1993 a 1996. Ascenso a 2ª Nacional
- Cosaga Ourense TM – Tempadas desde 1999 a 2003. Ascensos a 1ª Nacional e División de Honra.
- Academia San Mamed Ourense. Tempadas de 2003 ao 2006. Ascensos a 3ª Nacional e 2ª Nacional.
- Adestrador das escolas deportivas de tenis de mesa da Deputación de Ourense. Tempadas 22-23, 23-24 e 24-25.
- Impartiu cursos de formación de monitores de Tenis de Mesa da Xunta de Galicia na provincia de Ourense durante 3 anos.
- Campaña deportiva do Concello de Ourense de ocio nocturno nas fins de semana. Actividade de Tenis de Mesa
- Impartiu Actividade extraescolar de Tenis de Mesa no centro de menores de A Carballeira (Ourense). Ano 2000.
Ramón Becerra, un dos grandes impulsores deste deporte tanto na cidade de Lugo como na de Ourense. Historia viva do Tenis de Mesa que acumula éxitos, non só como adestrador, senón tamén como xogador. Pasado, presente e futuro do Tenis de Mesa lucense, será agora o encargado detransmitir todos os seus coñecementos, tanto aos nosos veteráns como aos nosos pequenos e continuar facendo medrar aos nosos mellores deportistas no grupo de alta competición.
ADRIÁN EXPÓSITO MATEO

CD Dez Portas 2026-2027. Adestrador da alta competición.
- Título de adestrador de Tenis de Mesa de primeiro nivel E.1, pola Real Federación Española de Tenis de Mesa.
- Título de adestrador Internacional de Tenis de Mesa, Nivel 1, pola Federación Internacional de Tenis de Mesa
Como adestrador acumula os seguintes clubes e logros:
- CTM Ceibe 2010-2013 –
Subcampión galego cadete (2010)
Campión galego cadete (2011)
Subcampión Galego Xuvenil (2012 e 2013)
Subcampión Torneo Zonal Norte Alevín (2010)
Campión Torneo Zonal Norte Xuvenil (2011).
Ascenso a 2ª Nacional Tempada 2010-2011.
Ascenso a 1ª Nacional Tempada 2012-2013.
- CD Dez Portas TM Lugo 2014-2022.
Campións galegos por equipos.
Campión Galego Benxamín 2015.
Campión Galego Alevín 2018.
3 ascensos a 1ª Nacional nesta etapa no clube.
- Selección Galega de Tenis de Mesa. 2015-2019.
Subcampión Campeonato de España selecciones autonómicas cadete masculino. Albacete 2015.
Terceiro posto campionato de España selecciones autonómicas cadete masculino, Cáceres 2016.
Terceiro posto campionato de España selecciones autonómicas cadete masculino. Alcázar de San Juan 2019.
Segunda etapa de Adrián Expósito ao fronte do clube. Despois de 8 anos acumulando éxitos, Expo, volve ao Dez Portas para poñerse ao fronte do grupo de competición e seguir acumulando éxitos do grupo máis esixente do clube. Experiencia, veteranía, sabedoría e coñecemento total do deporte e dos deportistas de maior nivel, fan de Adrián o adestrador ideal para afrontar esta nova etapa. Ademáis, recibirá a inestimable colaboración do seu compañeiro e amigo, Ramón Becerra.
