Tempada 2025/26 | 1ª División Nacional Masculina

Tempada 2025/26 | 1ª División Nacional Masculina

Hai tempadas que se xogan… e hai tempadas que se senten no máis fondo. Esta foi unha delas.

A falta dunha xornada para o final da liga, o CD Dez Portas Lugo TM escribe unha páxina inesquecible na súa historia: por primeira vez, conseguimos a permanencia na 1ª División Nacional Masculina.

Un logro que sabe a loita, a sacrificio e a corazón. Porque non foi doado. Foron meses duros, momentos complicados, partidos nos que houbo que sacar forzas de onde non as había… pero este equipo nunca deixou de crer. Nunca baixou os brazos.

Hoxe, todo ese esforzo ten recompensa.
Hoxe, facemos historia.

Este éxito leva o nome de cada un dos nosos xogadores:
Martin, Tiago, Ramon, Alejandro, Uxio, Manuel, Nicolas, Roman, Claudio, Mateo, Oliver e Daniel. 

E tamén o selo dun líder que nos guiou en cada paso: o noso adestrador Cláudio Mendes, clave para facer realidade este soño.

Especial mención merece a Directiva do clube, que sen o seu esforzo, traballando día a día para acadar os apoios necesarios e deste xeito poder loitar por este difícil obxectivo, probablemente nada disto houbese sido posible.

Agradecemento especial á Deputación de Lugo, que apoiou firmemente ao clube durante todo o camiño.

Grazas a todos os que formades parte deste camiño. Aos que estades sempre, nos bos e nos malos momentos. Este logro tamén é voso.

Porque isto non é só deporte… é orgullo, é identidade, é sentimento.

Somos equipo.
Somos loita.
SOMOS DE PRIMEIRA