XV TORNEO DEZ PORTAS CONCELLO DE LUGO - II MEMORIAL BONI

XV TORNEO DEZ PORTAS CONCELLO DE LUGO - II MEMORIAL BONI

O XV Torneo DEZ PORTAS Concello de Lugo – II Memorial Boni de Tenis de Mesa, terá lugar nas instalacións da “Pista de Tenis cuberta de Frigsa” que se encontra na Rúa Monte Faro, 57, 27297 Lugo, (ao carón do pavillón de Tenis de Mesa) o día 5 de setembro de 2026.

O torneo comezará ás 09:30 de mañá e rematará cando se acaben todas as probas.

Proba Infantil Mixta– Nados a partir o ano 2011 incluído.
Proba Absoluta – Todas as idades

En ámbalas dúas probas, despois da fase de grupos, dividiranse os clasificados en Open A e Open B.

O Torneo disputarase en “sistema mixto”, (1ª Fase por grupos e a Segunda por eliminatorias)

Inscricións

A inscrición é de balde para a proba Infantil, debendo formalizarse antes do día 28 de agosto ás 14:00 h.
Na proba Absoluta, a insrición ten un custo de 10€ por xogador/a, debendo formalizarse antes do día 28 de agosto ás 14:00 h.
A inscrición dos xogadores farase por correo electrónico á dirección dezportas@hotmail.com, facilitando: Nome e apelidos, data de nacemento, número de licenza, Club ó que pertencen e categoría na que se inscriben.
Non se permitirá a inscrición en máis dunha categoría.

Descargar bases (PDF)