Actualidad

CARA E CRUZ NA PRIMEIRA XORNADA

O CD DEZ PORTAS, resolveu os seus dous encontros desta xornada, con diferente sorte. O equipo de Terceira Nacional,o Dez Portas Caixa Rural, que debutaba nesta tempada con Álvaro, Jose Luis e Xabi, enfrontábase na xornada do sábado ao Afer Formación Rábade e conseguía acadar un valioso empate nesta cancha, por un marcador final de 3-3. Pola súa parte, o Dez Portas Higiene A Miña de Primeira Galega, perdía na matinal do domingo ante o Milagrosa Promesas, por un claro 4-0. O equipo dezportista estivo formado por Fabio, Samuel e Miguel.

TEMPORADA 2020-21. COMEZAMOS!

O CD DEZ PORTAS TENIS DE MESA, volve a poñerse en marcha, e esta misma fin de semana, comeza a disputar os seus primeiros encontros pertencentes ás ligas galegas. O equipo de Primeira División Nacional, terá que agardar a súa quenda ata Xaneiro, como así se decidiu na Real Federación Española de Tenis de Mesa. Imos aló!

O DEZ PORTAS E O TDM VILALBA, FAI UN BO PAPEL NO TORNEO ESTATAL 2020, E VOLVE DE VALLADOLID COA CABEZA ALTA.

Este pasado fin de semana celebrouse en Valladolid o Torneo estatal 2020. Ata alí desprazáronse 3 dos 4 xogadores clasificados do Dez Portas, e unha xogadora do TDM Vilalba. Abriron o torneo Andrés Martín do Dez Portas e Sabela López do TDM Vilalba. Andrés quedou ás portas da clasificación. Xogou ben os seus partidos, levaba dous gañados e dous perdidos e todo se decidía no quinto partido, no que a victoria selaría a súa clasificación, pero non puido ser e caía finalmente, nun apretado e emocionante encontro, por un marcador final de 2-3, no que os nervos xogaron unha mala pasada.

O DERBI LOCAL CAE DO LADO MILAGROSISTA E A LIGA SE COMPRIME. O DEZ PORTAS BAR KARLOS SEGUE LIDERANDO A CLASIFICACIÓN DA SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA.

O derbi local entre o Dez Portas Bar Karlos e o CTM Milagrosa, saldouse coa victoria do equipo milagrosista, o que fai que a liga volva a cobrar emoción nos seus primeiros postos e todo pode pasar nas últimas xornadas. Aínda así, parece que o Dez Portas ten un calendario máis favorable de aquí ao final de liga, e segue aventaxando nunha victoria ao Milagrosa e en dúas ao Vilagarcía TM, que aínda lles resta xogar un partido entre eles. Polo tanto, queda moito que xogar e todo está por decidirse.

Páginas