O DEZ PORTAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS

O DEZ PORTAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS

Este pasado fin de semana, celebráronse en Pontevedra os campionatos galegos de Veteranos/as, onde o Dez Portas acadou importantes resultados.

Na categoría Veteranos de 60, Máximo Dugo subía ao podio como semifinalista e conseguía o primeiro trofeo do día.

Mentres, Ramón Becerra conseguía o subcampionato na súa categoría, Veteranos de 40, e pechaba así unha exitosa xornada, que tamén contou coa representación de Jose Ramón García e Jose Miguel López.

Sen esquecer días antes, a participación na categoría Infantil do debutante Mateo López.

Noraboa a todos eles!

 


 

Máximo Dugo, semifinalista

Ramón Becerra, subcampión en Veteranos de 40

Mateo López