PRESENTADO O IV TORNEO LVCUS DEZ PORTAS DE TENIS DE MESA

PRESENTADO O IV TORNEO LUCUS DEZ PORTAS DE TENIS DE MESA

O obxectivo deste é promover o deporte en todas as categorías, facendo fincapé no tenis de mesa. Ademais, nesta edición, o torneo inclúe unha importante novidade. Haberá dúas competicións distintas para xogadores federados e un torneo para afeccionados, para dar a oportunidade de participar a todos os que queiran. O torneo terá lugar o 17 de maio, a partir das 10:00 horas, no Polideportivo Municipal Casa do Deporte, situado na Avenida Duquesa de Lugo s/n, Lugo.

Sistema de xogo

  • Diferentes Categorías Federadas (en función do número de inscricións ao cerre do prazo)
  • Grupos da Primeira Fase, mínimo 4 participantes por grupo.
  • Segunda Fase, eliminatoria.
  • Os partidos serán o mellor de 3 partidos na fase de grupos e o mellor de 5 nas eliminatorias.
  • Para a realización dos grupos na categoría federada, terase en conta a clasificación galega, se algún xogador non dispón del, atenderase a liga que participa e porcentaxe.
  • Seguiremos o Regulamento da RFETM para a tempada 21/22.

Premios

  • Trofeos para os catro primeiros clasificados do Torneo Federado.
  • Medallas e agasallos para os 4 primeiros clasificados do Torneo Afeccionado.

Inscricións

A inscrición é de balde e estará aberta ata o mércores 11 de maio ás 21:00 h. Para a inscrición só é necesario nome, apelidos e número de licenza, no caso de xogadores federados. No caso de xogadores afeccionados, será necesario nome, apelidos, DNI e idade. Para ambas as dúas modalidades, o procedemento de inscrición será enviando un correo electrónico a dezportas@hotmail.com ou enviando un WhatsApp ao número de teléfono 626 34 33 60. A relación de xogadores inscritos publicarase na páxina web do Club, Facebook e Instagram e enviarase por correo aos clubs con xogadores inscritos. Así mesmo, enviaranse individualmente aos afeccionados. Cando as inscricións sexan definitivas, os grupos do torneo publicaranse en devanditos medios.

Arbitraxes

Os xogadores arbitraránse na fase de grupos e primeiras roldas do torneo (previa charla para o torneo de afecionados), para a semifinal e a final, a organización designará os árbitros.