O CD DEZ PORTAS COMEZA O ANO, CASE CON PLENO DE VICTORIAS

O Club Deportivo Dez Portas, abriu o 2022, con case un pleno de victorias, nas tres categorías nas que ten equipos representantes.

O Equipo de Segunda División Nacional, o CD Dez Portas Caixa Rural Galega; vencía o sábado como local ao Zoolandia Conxo Tm, por un marcador final de 4-2. Ramón, Ahmed e Andrés, acadaron esta importante victoria, que fai que o equipo permaneza unha semana máis no máis alto da taboa. A semana que ven, visitarán a cancha do pechacancelas da clasificación, o Breogán Oleiros.

O Equipo de Terceira División Nacional, Bar Karlos-Higiene Amiña, facía o propio na cancha con CTM Coruña, e Álvaro, Jose Luis e Adrián, traían a victoria por 1-4 para Lugo.

Non puido completar a xornada positiva o representante na 1ª división galega, Mascovet-Óptica De La Torre, que na xornada do domingo, Máximo, Moncho e Román, caían na casa fronte a Breogán Oleiros Seixo Branco, por un claro 1-4.