FIN DA TEMPADA

FIN DA TEMPADA 2020-2021

Onte, co partido disputado en Tenerife polos rapaces de Primeira División Masculina, dase por concluida a tampada deportiva 2020-2021. Xogábanse nada máis e nada menos, que a permanencia unha tempada máis nesta categoría, a un só partido, e facíano enfrontándose ao C.D. Tenis de Mesa Temegueste. O partido caeu xustamente, -ainda que apoiado nun arbitraxe un pouco caseiro- de parte do equipo local, por un marcador final de 4-2, polo que a tempada que ven, buscarase novamente o ascenso, xogando na categoría de Segunda División Masculina. A pesar do descenso de categoría, Ahmed, Ramón, Andrés e Pablo, fixeron unha gran tempada, loitando en todos os encontros e non dando nunca un partido por perdido. Aquí quedan unhas imaxes para o recordo da expedición Dezportista en Tenerife.

 

 

 

 

 

 

 

Nas outras categorías, o equipo de Terceira División Masculina, o Dez Portas Caixa Rural, rematou a tempada, no 3º posto da clasificación, posto máis que merecido e satisfactorio, que lle pode dar acceso a un posible ascenso de categoría. Álvaro, Hugo, Jose Luis, Xabi e Óscar, foron os que levaron o equipo a esta privilexiada posición.

En 1ª División Galega, loitou o Dez Portas Higiene A Miña por eludir o descenso ata as últimas xornadas, que finalmente selaría, na penúltima xornada, ao ser quen de sacarlle un punto aos segundos clasificados, Narón Pena Lopesa, e así rematar a tempada no posto 8º da clasificación. Este equipo acadou este resultado grazas a aportación xornada a xornada de Samuel, Fabio, Lucero, Miguel, Dambert, Jesús Álvarez, Moncho, Máximo, Andrés Ramos e Román.

Todos os equipos descansan xa do ritmo de competición, pero seguen adestrando todas as semanas, para a tempada que ven regresar máis fortes e poder, se é posible, acadar mellores resultados.