XORNADA LARGA NA PRIMEIRA DIVISIÓN MASCULINA

 

Esta fin de semana pasada, desprazábase a expedición de Primeira División Nacional, Dez Portas Bar Karlos, encabezada por Ramón Becerra, Morufu Ahmed, Andrés Martín e Pablo Fernández, ata Santa Cruz de La Palma, para xogar a xornada correspondente na illa.

Partían os noso xogadores o venres pola mañá cedo, e despois de facer escala en Madrid e máis en Tenerife, chegaba a Santa Cruz para instalarse no seu apartamento pasadas as 19:00.

Descansaron o que puideron durante o que restaba de xornada para ao día seguinte, enfrontarse aos dous equipos locais. A tarde comezaba mal, xa que o equipo dezportista caía por un claro 6-0. Aínda así, as sensacións non foron malas e encaraban esperanzados o segundo encontró. Despois dunha parada e unha longa reflexión, comezaba o segundo encontro, que aínda que dun xeito menos claro remataba tamén cunha derrota e deixaba ao noso equipo na última posición clasificatoria.

Despois do análise dos partidos e a pesar de volverse de vacío, no que ao aspecto deportivo se refire, non perdían a esperanza de cara o tramo final de liga, e no avión de volta na xornada do domingo, xa se viñan facendo contas do que é preciso sumar, para salvar a categoría, na última concentración  que se disputará o vindeiro 1 de Maio, en Vilagarcía de Arousa.

Deixamos aquí unhas fotos do paso dos nosos dezportistas polas Illas Canarias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na casa, non se interrompían as demais ligas e os dous equipos locais acadaban idénticos resultados.

Mentres na terceira nacional, Hugo, Jose Luis e Xabi pertencentes ao Dez Portas Caixa Rural acadaba un empate 3-3, ante Tijeritas la Pelu de Sixto de Narón, os seus compañeiros, Fabio, Samuel e Andrés, sumaban outro empate 3-3, antes o Narón Pena Lopesa.