XORNADA POSITIVA PARA OS EQUIPOS DO DEZ PORTAS

Nova Xornada de liga, e novos resultados positivos para os dous equipos do Cd Dez Portas. O Dez Portas Higiene a Miña, da 1ª división Galega, enfrontouse ao Cambre El Temple, ao que derrotou por un marcador final de 4-2. Samuel, e os debutantes nesta tempada, Lucero e Román, conseguían este valioso resultado, ante o equipo que ata o de hoxe figuraba como segundo clasificado da categoría. A xornada que ven, recibiremos a visita da Central Asesora Firacris Narón. Na Terceira Nacional, o Dez Portas Caixa Rural, acadou un empate tamén valioso por 3-3, resolto nun último emocionante e divertido partido. Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguiron o empate para o equipo local. A vindeira semana, visitarán ó Finisterre TM.