Xornada de máxima igualdade para os equipos nacionais e estrea prometedora na 3ª Nacional

Xornada de máxima igualdade para os equipos nacionais e estrea prometedora na 3ª Nacional

A fin de semana competitiva do CD Dez Portas TM Lugo deixou encontros de enorme intensidade, definidos por detalles mínimos nos dobres das ligas nacionais, e tamén un motivo de orgullo na 3ª Nacional coa estrea dun novo talento da casa.

 

1ª División Nacional – Xornada 7

Club Deportivo Coyanza 4–3 CD Dez Portas Restaurante Carlos

O partido resolveu nun dobres de altísimo nivel entre Tiago e Manuel, que loitaron ata o final nun duelo decidido nas diferenzas do quinto set:
11-7, 7-11, 10-12, 11-9, 13-11 (3-2).

Un encontro de enorme igualdade no que o equipo lucense estivo moi cerca de sumar unha nova vitoria.

 

2ª División Nacional – Xornada 7

CD Dez Portas Contafis Todoxestión 3–4 Vilagarcía Tenis de Mesa

De novo o resultado final resolveuse no dobres. A parella Adrián e Alejandro levou o partido ao límite, caendo por un axustadísimo marcador:
11-1, 11-8, 6-11, 11-13, 14-12.

Un esforzo enorme que demostra a capacidade de loita e adaptación do equipo.

 

3ª División Nacional – Xornada 5

SD Ribadeo TM 2–3 CD Dez Portas Caixa Rural Galega

 

Estrea ilusionante de Oliver, novo talento da formación

A xornada deixou unha das mellores noticias para o club: a estrea oficial do xogador da canteira Oliver, que debutou con personalidade e un nivel moi maduro para a súa idade.

En dobres, formando parella con Álvaro, contribuíu de maneira decisiva á vitoria final do equipo.
A nivel individual, realizou un moi bo encontro, perdendo por 3-1, pero deixando unha excelente impresión, especialmente nun set no que loitou ata un épico 18-16.

A súa actuación abre boas perspectivas de futuro, confirmando o bo traballo que se está a desenvolver na base do club.

Unha fin de semana de aprendizaxe, entrega e competitividade para todos os equipos. O CD Dez Portas TM Lugo continúa a medrar con pasos firmes, combinando presenza nas ligas nacionais co emerxer de novos talentos da casa.