Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
XIV TORNEO SAN FROILÁN - I MEMORIAL BONI

O XIV Torneo San Froilán – I Memorial Boni de Tenis de Mesa, terá lugar nas instalacións da “Casa do Deporte” que se encontra na Avenida Infanta Elena, s/n, o día 7 de setembro de 2025. O torneo comezará ás 10:00 de mañá e rematará cando se acaben todas as probas.
Se nalgunha das probas hai un mínimo de 6 (seis) inscricións de deportistas femininas, e 6 deportistas masculinos, esa proba realizarase por separado nunha competición feminina e nunha masculina, en caso contrario realizarase nunha competición mixta. O Torneo disputarase en “sistema mixto”, (1a Fase por grupos e a Segunda por eliminatorias) salvo que sexan menos de 8 inscritos neste caso a competición só se disputará nun único grupo.