XI TORNEO SAN FROILÁN DE TENIS DE MESA

XI TORNEO SAN FROILÁN DE TENIS DE MESA

O pasado sábado día 10 de setembro, celebrouse na Casa do Deporte de Lugo, a XI edición do Torneo San Froilán de Tenis de Mesa, organizado un ano máis polo clube local, CD DEZ PORTAS TM LUGO, en colaboración coa Federación galega de Tenis de Mesa e que congregou na capital luguesa, a 95 participantes, achegados de diferentes puntos de Galicia e Portugal, nun torneo puntuable para o circuito galego. Para a cerimonía de entrega de trofeos contouse coa presencia do Concelleiro de Deportes, Don Mauricio Repetto, quen sería o encargado de facer a entrega a todos os gañadores.

O CD Dez Portas conseguiu 4 trofeos en diferentes categorías, sendo todos eles semifinalistas. Na categoría Xuvenil, Román Iglesias; en veterenos  de máis de 60, Adolfo Delmo e na categoría Absoluta masculina, Andrés Martín e Xabi Carricoba, que compartirían pódium.

 

Ver galería de fotos

 

PODIUMS
 
Categoría Benxamín Mixto
1º AARON VARELA B. (CTM GAM)
2º DANIEL MANRIQUE G. (CLUB BE ONE OURENSE)
3º/4º NOA LOMBA J. (CTM MOS)
3º/4º SAÚL PALLARÉS (FINISTERRE TM)

Categoría Alevín Mixto
1º MANUEL PENALONGA P. (ADX Milagrosa)
2º LORENZO SAAVEDRA R. (Cambre TM)
3º/4º MAIA LOMBA J. (CTM Mos)
3º/4º SIMON VAZQUEZ L. (Club del Mar de San Amaro)

Categoría Infantil Masculino
1º MARTIN GARCIA G. (Cidade De Narón)
2º ENZO LOPEZ L. (Cidade De Narón)
3º/4º FRANCISCO CAMPO A. (Cidade De Narón)
3º/4º ANDRE ORDIALES S. (Cidade De Narón)

Categoría Xuvenil Masculino
1º LEI CHEN (Club del Mar de San Amaro)
2º PEDRO SAAVEDRA R. (Cambre TM)
3º/4º ROMAN IGLESIAS P. (CD DEZ PORTAS TM)
3º/4º ANTON NOVO R. (Cidade de Narón)

Categoría Veteranos+40
1º LUIS RODRIGUEZ M. (Academia San Mamed Ourense)
2º JORGE GAMAZO V. (Academia San Mamed Ourense)
3º/4º MANUEL A. GARCIA L. (Club Monte Porreiro)
3º/4º PEDRO FERNANDEZ C. (Terras da Chaira)

*Falta na foto Pedro Fernández, que se ausentou por motivos laborais.  Recolleu o trofeo un compañeiro de equipo (primeiro pola dereita)

Categoría Veteranos/as  +60
1º ANTONIO CASAL S. (Club San Xoán TM)
2º FERNANDO GARCIA  (Club San Xoán TM)
3º/4º SANTIAGO BRANDARIZ G. (Grumico SD)
3º/4º ADOLFO DELMO (CD DEZ PORTAS TM LUGO)

Categoría Absoluto Masculino
1º SANTIAGO OTERO R. (ADX Milagrosa)
2º SAMUEL PEREIRO C. (CRC Neves)
3º/4º XABIER X. CARRICOBA M.
3º/4º ANDRES MARTIN R.

Categoría Absoluta Feminina
1º CANDELA MONTERO C. (Cidade de Narón)
2ª ANA GARCIA M. (Club del Mar)
3º/4º NEREA GONZALEZ L. (Club del Mar)
3º/4º LUCIA SAURA G. (Cidade de Narón)

O PODIUM DO DEZ PORTAS AO COMPLETO

A ORGANIZACIÓN DO TORNEO