Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
Tenis de Mesa en Femenino
O noso clube está a levar a cabo un proxecto chamado " TENIS DE MESA EN FEMENINO" que está regulado pola orde do 18 de Xullo de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; co que pretendemos fomentar a práctica deportiva e principalmente o tenis de mesa entre o sector feminino da sociedade. Para elo contamos co apoio económico da Xunta de Galicia e da Unión Europea, gracias ó que esperamos acadar os nosos obxetivos:
-
Falicitar ó acceso e a promoción de mulleres no deporte.
-
Utilizar o deporte como transmisor de valores e como medio de formación.
-
Favorecer a integración social a través do deporte.
-
Fomentar a parte lúdica da práctica deportiva.
-
Conseguir que as participantes adquiran habilidades psicomotrices e beneficios para a súa saúde gracias ó deporte.
-
Fortalecer a súa autoestima.
-
Asentar un proxecto piloto feminino independiente no ámbito do deporte e cun efecto multiplicador.