O DEZ PORTAS RESTAURANTE CARLOS, logra o terceiro ascenso do clube nesta tempada

O DEZ PORTAS RESTAURANTE CARLOS, logra o terceiro ascenso do clube nesta tempada

O Dez Portas Restaurante Carlos, ven de proclamarse campión nesta fin de semana da Segunda división Galega e consegue o ascenso a Primeira Galega.

O equipo integrado por Adolfo Delmo, Jacobo Díaz, Miguel Aira, Jose Miguel López, David Fernández e Jesús Álvarez consegue o ascenso directo de categoría, nunha tempada marcada pola imbatibilidade DezPortista, o lograr 16 victorias nas 16 xornadas de liga.

O outro equipo Dez Portista, que militou nesta campaña na segunda división galega, o Dez Portas Imglo Imagen Global, formado polos rapaces do clube, Mateo López, Mateo Sánchez, Mateo Ferreira, Óliver López, Daniel López e Iván Rois, rematou a tempada nun meritorio 3° posto, despois de protagonizar unha segunda volta impecable, nunha tempada que foi claramente de menos a máis e que de durar algunha xornada máis, quen sabe cal sería o seu desenlace. Nesta última xornada, por exemplo, conseguiu a victoria na casa do segundo clasificado, o TDM Vilalba.

Na imaxe, o Dez Portas Restaurante Carlos. De esquerda a dereita, David Fernández, Adolfo Delmo, Jacobo Díaz, Jose Miguel López e Jesús Álvarez. Falta Miguel Aira.

Dez Portas Imglo Imagen Global. De esquerda a dereita, Daniel López, Mateo López, Mateo Sánchez y Óliver López. E o adestrador Cláudio Mendes. Faltan Iván Rois e Mateo Ferreira