Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
O Dez Portas no Estatal de Jaén e no Galego Xuvenil de Narón
Este pasado fin de semana, disputouse en Jaén o torneo estatal de Tenis de Mesa, onde o CD Dez Portas, foi defendido por Ramón Becerra e Bonifacio García.
Comezaba Ramón perdendo o primeiro partido da fase grupos con facilidade. No segundo encontro, comezou a xogar mellor e despois de ir perdendo 2-0 conseguía empatar a 2, pero finalmente escapabálle o encontro. Xa sen marxe de erro, e con toda a presión, gañaba os seus restantes encontros de forma contundente por 3-0, clasificándose así terceiro. En dezaseisavos de final conseguía a victoria por 3-1, para acabar perdendo ante o vasco Javier García en octavos de final, por 3-0, quedando así eliminado.
Boni, chegaba a Jaén, para participar no seu primeiro estatal, con ilusión pero cos pés no chan, sabendo o nivel que ía atopar alí.
Conseguía unha ilusionante e importante victoria para un debutante, perdendo despois os demais encontros e non pasando de grupo, nun grupo no que estaban xogadores importantes, como o subcampión da categoría, Robles.
Os dous xogadores do Dez Portas, foron acompañados e animados desde a grada, por amigos de Ramón e puideron atopar vellos coñecidos.
Mentras tanto, na outra punta de España, en Narón, disputábase o Galego Xuvenil, onde o Dez Portas sería representado por.
Sabela López
Andrés Martín
Mateo Ferreira
Mateo López
Diego Pardo
Iván Rois.
En dobles mixtos, Sabela e Andrés perdían en cuartos de final. As outras dúas parellas que formaron os nosos xogadores, non conseguirían pasar de grupo.
Mentres que en individuais, só Sabela e Andrés conseguirían pasar de grupo e ámbolos dous, perderían en Octavos de final.