O CD DEZ PORTAS BAR KARLOS RECUPERA O CAMIÑO DA VICTORIA

O CD DEZ PORTAS BAR KARLOS, volveu a vencer na 15ª xornada da Segunda División Nacional Masculina, e recupera as dúas victorias de vantaxe ante os seus dous inmediatos perseguidores, o CTM Milagrosa, que esta semana cedía na súa visita ao Oroso TM Peluquería Tije, e o Vilagarcía TM. Así, o derbi local da semana seguinte entre DezPortistas e Milagrosistas, non sería definitivo en caso de caer derrotados, xa que aínda habería unha victoria de separación entre ambos, pero no caso de conseguir a victoria xa serían 3 partidos de distancia a falta de seis xornadas por disputar. A isto habería que agardar a derrota tamén do Vilagarcía TM, para que o camiño quedase bastante aclarado e conseguir proclamarse campións ao final da tempada. Nesta xornada o equipo local, que se enfrontou ao Galmédica Ourense, venceu por un marcador final de 5-1, gracias a aportación de Ramón Becerra, Morufu Ahmed e Pablo Fernández. Na terceira división Nacional Masculina, Adrián Expósito, Álvaro Sánchez e Samuel García, debutante na categoría, facían o propio e vencían por 1-4, na súa visita ao Zoolandia Conxo Ponte Ferro. Así, o Dez Portas Mascovet, colócase no medio da táboa clasificatoria e ocupa a sexta posición. Nas categorías galegas, chegaron as derrotas por parte dos equipos do Dez Portas. En primeria galega, o Dez Portas Caixa Rural, perdía por 5-2 na súa visita ao San Ciprián. Máximo Dugo, Fabio Martínez e Alejandro Ríos, non puideron traer a victoria para a cidade das murallas e deixan ao equipo colocado na séptima posición da clasificación. O Dez Portas Higiene a Miña, de segunda división galega, visitaba ao Cambre Ancéis na xornada do sábado e saltaba a cancha con Patricia Brea, Pedro López e Luis Pérez. A derrota foi polo mesmo marcador que os compañeiros de Primeira galega, e do mesmo xeito, o equipo colócase na séptima posición na liga.