A LUCENSE SABELA LÓPEZ DO DEZ PORTAS TENIS DE MESA, CAMPIONA NO PRE-ESTATAL

 

Sabela López Saavedra, do CD Dez Portas Tenis de Mesa, conseguiu alzarse como campiona da proba Xuvenil feminina do Pre-Estatal, clasificatorio para o Torneo Estatal, que se celebrou na localidade Coruñesa de Zas, desde esta pasada fin de semana ata o martes día 8 de decembro, coincidindo coa ponte festiva, e que congregou a máis de 160 deportistas de diferentes clubes e categorías de toda a Comunidade.

Participaron tamén do Cd Dez Portas, Andrés Martín Reija, que se estreaba na súa nova categoría xuvenil masculina, onde non foi quen de pasar de grupos, non puidendo lograr así a clasificación. Tamén Hugo Fernández, acadou un meritorio séptimo posto na categoría Sub23, pero do mesmo xeito que Andrés, non lograba colarse entre os clasificados.

Os tres deportistas lucenses, sempre loitadores, fixeron un bo papel no clasificatorio, pero nesta ocasión, a triunfadora foi Sabela, á que felicitamos e animamos para que poida acadar un bo resultado no Estatal.

 


 PUBLICACIÓN XORNAL "EL PROGRESO" - 10/12/2020