Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
IX Torneo San Froilán De Tenis de Mesa 11 de Agosto
Data e local de xogo:
O IX Torneo San Froilán de Tenis de Mesa terá lugar nas instalacións da “Casa do Deporte” que se encontra na Avenida Infanta Elena o día 11 de Agosto
Probas a disputar e horarios:
O torneo comezará as 9:00 de mañá e rematará cando se acaben todas as probas.
Sábado 11 de agosto as seguintes categorías:
- Benxamín masculino e feminino. 2008 e posteriores.
- Alevín masculino e feminino. 2006 e 2007.
- Infantil masculino e feminino. 2004 e 2005.
- Xuvenil masculino e feminino. Entre 2001 e 2003.
- Sub-23 masculino e feminino. Entre 1996 e 2000.
- Senior masculino e feminino. Entre 1980 e 1995.
- Veteranos +40. Entre 1970 e 1979.
- Veteranos +50. Entre 1960 e 1969.
- Veteranos +60. Apartir de 1959
- Veteranas. A partir de 1979
Inscricións:
A inscrición é de balde, debendo formalizarse antes do día 30 de xullo de 2018 ás 14:00 h. Os clubes afiliados á Federación Galega deberán empregar o novo sistema de inscripción publicado recentemente e que se detalla no seguinte enlace. Os restantes clubes españois e estranxeiros formalizarán a súa inscrición enviando un correo electrónico á dirección dezportas@hotmail.com. Ao non estar afiliados a FGTM, deberan facilitar nome e apelidos, data de nacemento, nº de licenza e club ó que pertencen. Non se permitirá a inscrición no mesmo día en máis dunha categoría. TODOS OS XOGADORES INSCRITOS, DEBERÁN ESTAR EN POSESIÓN DA CORRESPONDENTE LICENZA FEDERATIVA.
Sistema de competición:
En todas as categorías haberá dúas fases. Unha primeira clasificatoria por grupos, sempre que as inscricións o permitan, e unha segunda eliminatoria directa.
Arbitraxes:
Os partidos da 1ª Fase serán arbitrados polos propios xogadores/as. Na 2ª fase arbitrarán xogadores que foron quedando eliminados en quendas anteriores.
Trofeos:
Entregaranse trofeos os catro primeiros clasificados de cada proba