Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
Fin de semana redonda para o CD Dez Portas TM Lugo: catro vitorias e liderado consolidado na Primeira División

O CD Dez Portas TM Lugo viviu unha fin de semana perfecta, con pleno de vitorias nos catro equipos que competiron nas distintas ligas nacionais e galegas.
Na Primeira División Nacional (Liga de Bronze do tenis de mesa español), o CD Dez Portas Restaurante Carlos impúxose por 4-2 ao Oroso TM Madeiras Irmáns Castros, sumando así a súa cuarta vitoria consecutiva. Con este resultado, o conxunto lucense mantense invicto e sitúase no terceiro posto da táboa con 8 puntos, empatado con outros tres equipos e a só dous do liderado.
Na Segunda División Nacional, o CD Dez Portas Contafis Todoxestión venceu a domicilio ao Tijeritas La Pelu de Sixto por 2-4, continuando tamén a súa boa xeira de resultados.
En Terceira División Nacional, o CD Dez Portas Caixa Rural Galega superou por 3-2 ao Club Lucus TM, nun emocionante derbi lucense decidido nos últimos puntos.
Completando a xornada, en Primeira División Galega, o CD Dez Portas Goce Viajes gañou por 1-4 ao Nautalia Viajes, rubricando unha fin de semana impecable para o club.
Unha xornada redonda, con catro triunfos que reflicten o gran traballo, compromiso e ilusión de todos os xogadores e adestradores. O club segue a consolidarse como unha das referencias do tenis de mesa galego e nacional.
Parabéns a todos polo esforzo e a paixón mostrada en cada punto!


