COMEZA A TEMPADA 2022-23

COMEZA A TEMPADA 2022-23

O CD Dez Portas de Tenis de Mesa comezou este domingo unha nova tempada. Fíxoo, debutando na Segunda División Nacional cunha clara vitoria ante o Club del Mar de San Amaro, por 0-6. Andrés, Ahmed e Ramón, puxeron os puntos no casillero do CD Dez Portas Caixa Rural Galega.

Deste xeito, o equipo comeza a liga de maneira impecable e comparte o liderado co Tijeritas La Pelu de Sixto, de Narón, co que disputará a segunda xornada, un duelo no que quizais chegará o primeiro líder único da competición.