4 PUNTOS PARA O DEZ PORTAS CAIXA RURAL, NO DOBRE DESPRAZAMENTO DA XORNADA

Arrancaba a xornada cun dobre desprazamento para os rapaces de Terceira Nacional. Na xornada da mañá do sábado, disputábase en terras Herculinas o partido aprazado correspondente á terceira xornada, no que Álvaro, Hugo e Jose Luis, conseguían a victoria por un marcador final de 2-4 ante os xogadores do Carrasco-García Clínica Dental. Dirixíanse logo a Ferrolterra, para disputar o encontro correspondente a xornada actual. Aquí, as cousas puxéronse maís complicadas desde o comezo, pero finalmente, foron capaces de lograr un empate final a 3-3, ante o San Xoan TM. Deste xeito mantéñense, una semana máis nos postos altos da clasificación. Non correu a mesma sorte o Dez Portas Higiene A Miña da Primeira División Galega, que na mañá do domingo perdía con claridade, por un marcador de 0-4, ante o Central Asesora Firacris Narón. Miguel, Jesús e Lucero, nada puideron facer ante o potente equipo Naronés. Porén, o equipo permanece na metade da táboa clasificatoria. Na vindeira xornada, ámbolos dous equipos desprazaranse a Narón, para xogar os seus respectivos encontros.