Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
SOMOS DE PRIMEIRA NACIONAL!

Con enorme orgullo anunciamos que o CD Dez Portas TM Lugo acadou o ascenso á Primeira División Nacional de Tenis de Mesa en España (PDM)!
Esta conquista histórica está dedicada, con todo o noso agarimo e respecto, ao noso inesquecible Boni, membro da directiva que nos deixou na véspera da fase decisiva do ascenso. Esta vitoria é túa, Boni. Estarás sempre connosco.
Nada disto tería sido posible sen o traballo profesional, dedicado e incansable do noso adestrador Cláudio Mendes, cuxa lideranza foi fundamental para acadar este logro. Grazas de corazón, Cláudio!
Queremos tamén agradecer profundamente a todos os xogadores que fixeron realidade este soño:
- Rafael Alexandre Ferreira Silva
- Ramón Becerra Melo
- Alejandro Ansede Moreno
- Manuel Penalonga Pereira
- Ignacio Andrés Cabezas Guerrero
- Adrián Expósito Mateo
- Morufu Oladele Ahmed
- Xabier Xoán Carricoba Muñoa
E, por suposto, o noso máis sincero agradecemento aos patrocinadores, ao Concello de Lugo e á Deputación de Lugo – sen vós, nada disto sería posible.
Pero agora o reto é maior ca nunca. Competir na Primeira Nacional supón un esforzo loxístico e económico importante. Por iso, facemos un chamamento a todos os patrocinadores actuais e potenciais para apoiar este novo desafío, e así poder representar a Lugo con dignidade, paixón e ambición ao máis alto nivel.