O DEZ PORTAS CELEBROU O SEU IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, CUN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

O DEZ PORTAS CELEBROU O SEU IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, CUN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

O pasado día 17 de Maio, tivo lugar na Casa do Deporte de Lugo, o IV TORNEO LVCUS DE TENIS DE MESA, organizado polo clube local Dez Portas TM. O Torneo, foi un éxito de participación, reunindo a un total de 101 deportistas, chegados de diversos puntos da comunidade, así como xogadores e xogadoras que chegaron de terras Asturianas e incluso un xogador procedente de Vilanova da Cerveira (Portugal).

El Progreso, 24/05/2022: Éxito de participación en la cuarta edición del Torneo Lucus organizado por el Dez Portas

Os/as participantes foron divididos en diferentes categorías segundo a súa idade, e para a confección dos grupos, atendeuse a súa clasificación do ranking da Federación Galega de Tenis de Mesa e do ranking da Federación Española. Pola mañá, xogáronse os grupos clasificatorios e pola tarde, os enfrontamentos directos nas diferentes eliminatorias, xogadas desde Cuartos de final en todas as categorías, agás en Veteranos/as que comezaría en Octavos. As categorías foron 5: Benxamín/Alevín, Infantil/Xuvenil, Veteranos/as, Absoluta e Afeccionados. Houbo trofeos, medallas e agasallos (na categoría Afeccionados), para os 4 primeiros clasificados de cada proba.

Os resultados máis destacados para o Club local Dez Portas, anfitrión e organizador do torneo, foron un tercerio posto para Samuel García na categoría absoluta, e o subcampionato nesta mesma categoría, para Andrés Martín.

O Club Dez Portas agradece a colaboración de todos os clubes participantes, xa que sen eles o torneo non sería posible e agárdaos en vindeiras edicións do torneo; aos establecementos colaboradores, Caixa Rural Galega, Mascovet, Higiene A Miña, Óptica Latorre, Café Bar Karlos e Élide Deportes; e por suposto, ao Concello de Lugo, polas facilidades que nos deron á hora de cedernos o pabellón de xogo e adaptarse ás nosas necesidades, a Deputación de Lugo e a Federación Galega de Tenis de Mesa.

RESULTADOS E FOTOS DAS FINAIS E DOS PODIUMS DE CADA CATEGORÍA:

Benxamín/Alevín

Semifinales:

Francisco Campo (CTM Cidade de Narón) – Aarón Varela (CTM Gam)

Lorenzo Saavedra (Club Cambre TM) – Manuel Penalonga (CTM Milagrosa)

FINAL:

Francisco Campo (CTM Cidade de Narón) - Lorenzo Saavedra (Club Cambre TM)

Infantil/Xuvenil:

Semifinales:

Nicolás Collazo (Club Cambre TM) – Alejandro Ansede (CTM Milagrosa)

André Ordiales (CTM Cidade de Narón) – Pedro Saavedra ( Club Cambre TM)

FINAL:

Alejandro Ansede (CTM Milagrosa) – Pedro Saavedra ( Club Cambre TM)

Categoría Absoluta

Semifinales:

Javier Canzobre (CTM Breogán Oleiros) – Diego Gómez (Club Finisterre TM)

Andrés Martín (CD Dez Portas) – Samuel García (CD Dez Portas)

FINAL:

Javier Canzobre (CTM Breogán Oleiros) - Andrés Martín (CD Dez Portas)

Veteranos/as

Semifinales:

Ana María Pérez (Dubratambre) – Antonio Oliveira (Monteferreiros TM)

Manuel de Pablo (TM Mieres) – Jose Piñeiro (CTM Cidade de Narón)

FINAL:

Ana María Pérez (Dubratambre) - Manuel de Pablo (TM Mieres)

Afeccionados/as

Semifinales:

Diego Pena – Santiago Mendoza

Wilmer Espinoza – Alberto Fernández

FINAL:

Santiago Mendoza - Alberto Fernández