Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
NORMAS DO GORDO DA PRIMITIVA
FUNCIONAMENTO DA TARXETA SOCIO‐COLABORADOR DO CLUB
DEZ PORTAS TM
A tarxeta de socio‐colaborador é unha tarxeta ao portador que outorga o dereito a participar no xogo do GORDO DA PRIMITIVA que se efectuen todos os domingo desde o 1 de Outubro a 31 de Marzo. Os números que se xogarán figuran imprimidos nas tarxetas e son:
DEZ PORTAS TM
A tarxeta de socio‐colaborador é unha tarxeta ao portador que outorga o dereito a participar no xogo do GORDO DA PRIMITIVA que se efectuen todos os domingo desde o 1 de Outubro a 31 de Marzo. Os números que se xogarán figuran imprimidos nas tarxetas e son:
Números 10 13 22 35 46 reintegro o 9.
Emitíronse 1.000 tarxetas, supoñendo cada unha 1/1.000 de participación. Os premios que se poidan xerar das apostas do GORDO DA PRIMITIVA que se van xogar durante o período anteriormente citado acumularanse na súa totalidade e repartiranse a partir do 1 DE ABRIL A 30 DE XUÑO, data de caducidade da tarxeta, a razón de 1/1.000 por tarxeta, salvo as seguintes excepcións:
- No caso de resultar agraciado un boleto co premio de maior categoría e ser o único acertante premiado, no prazo de 3 meses do sorteo no que resulte premiado procederase ao depósito do resgardo nunha entidade bancaria na que se entregarán as tarxetas para a comprobación da súa autenticidade, entregándose un resgardo nominativo que servirá de xustificante para o cobramento da parte correspondente. Entregarase unha nova tarxeta para o período restante de validez da tarxeta. Ao importe do premio total descontaranse os gastos que se poidan orixinar coa tramitación do reembolso do premio, e a xeración das novas tarxetas, efectuándose a repartición de 1/1.000 a cada tarxeta sobre a cantidade restante (premio menos gastos).
- Se o importe acumulado ao final dos 6 meses é igual ou inferior a 4.000 euros, non se procederá á repartición deste, quedando o club como titular de dito premio acumulado.
- Se o importe é igual ou superior a 4.001 euros repartirase a partes iguais entre as 1.000 tarxetas emitidas, mediante o troco da devandita tarxeta; o prazo para entrega e troco da tarxeta polo premio correspondente deberá efectuarse na Caixa Rural da Fonte dos Ranchos no horario que se indicará nesta web ata o día 30 de Xuño, data de caducidade das tarxetas. O importe a reintegrar
- redondearase por defecto sempre ao euro enteiro, quedando o importe sobrante como propiedade do club (exemplo: 40,3 €: aboaríase 40 € á tarxeta e 0,3 € quedaría para o club; 40,7 €: 40 € á tarxeta e 0,7 € ao club).
Os titulares da tarxeta estarán obrigados a someterse ás correspondentes leis tributarias que lle sexan aplicables, e en concreto ás retencións que deban facerse por o premio obtido. No caso de que o club cobre o importe de calquera premio e por iso sexa obxecto de retención, o premio a repartir entre as tarxetas emitidas será o restante, unha vez descontada a retención (o club quedará como titular de dita retención).