Club Deportivo Dez Portas Lugo
Teléfono: +34 626 343 360
E-mail: dezportas@hotmail.com
DESPRAZAMENTO COMPLICADO A NARÓN PARA O DEZ PORTAS
Foi esta unha fin de semana complicada para os equipos do Dez Portas, que disputaban todos os seus partidos, contra diferentes equipos de terras naronesas. O sábado, comezaban os enfrontamentos en primeira galega, onde o Dez Portas Higiene a Miña, xogaba o primeiro encontro contra Autocares Varela e logo con Pena Lopesa. O Primeiro resolveuse cedo, cun claro marcador final de 4-0 para o equipo local. Manuel, Moncho e Boni, non puideron co xove e prometedor equipo naronés. Aínda así, repuxéronse da derrota os nosos xogadores, para no seguinte encontro lograr o empate 3-3 ante Pena Lopesa, e deste xeito, poder traer un punto para Lugo. Foi a nota positiva da xornada, xa que o domingo o Dez Portas Caixa Rural de Terceira Nacional, desprazábase tamén a Narón para plantar cara a outros dous dos equipos de Narón. O primeiro resolveuse por un 4-1 final para os naroneses. O partido foi máis igualado do que di o marcador final, pero aínda así, non se puido facer nada para que Hugo, Álvaro e Jose Luis, sacasen algo positivo deste encontro. No seguinte, a sorte foi a mesma e o Nautalia viajes conseguía o mesmo marcador para o equipo local, polo que desta vez, o equipo DezPortista volveu de vacío, perdendo así a súa imbatibilidade na categoría e coloca na clasificación, as súas dúas primeiras derrotas no que vai de liga. Ámbolos dous equipos, continúan instalados na metade da táboa unha semana máis.